IniciosociedadeO xerente da área sanitaria: o brote está "controlado" na Mariña e...

O xerente da área sanitaria: o brote está “controlado” na Mariña e “non hai unha extensión en Lugo”

Ares referiuse ao caso dunha rapaza que garda corentena en Lugo, pero sinalou que "non é un caso da cidade, senón do brote da Mariña", porque residiu na zona os últimos 15 días

Publicada o

- Advertisement -

O brote de coronavirus detectado hai máis dunha semana na Mariña lucense non se estendeu a outras zonas da provincia e por agora “está controlado”, segundo afirmou o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares.

Todos os casos “están relacionados co brote na Mariña”, afirmou este xoves, en declaracións a Europa Press, o xerente da área sanitaria. “Eran contactos coñecidos da investigación”, indicou, sobre todo “dos casos estreitos”, abundou Ares.

“En Lugo non hai ningunha extensión do brote da Mariña”, insistiu Ramón Ares para tranquilizar á cidadanía. Así, explicou que a persoa que cumpre corentena na cidade de Lugo “é un contacto dos casos da Mariña” porque estivo os “últimos 15 días residindo alí”, pero agora mesmo está “en Lugo facendo a corentena”.

Respecto diso, todos os seus contactos “están analizados e tamén en corentena”, polo que, afirmou Ares, “é un caso da Mariña e non da cidade de Lugo”. Como tal, considérase parte dos 47 positivos do brote.

Na actualidade, segundo comentou, hai “máis de 500 persoas en corentena” na zona da Mariña lucense, aínda que”é unha cifra moi cambiante” porque “flutúa todo moi rápido”. Hai persoas que xa “están a saír da corentena” do brote inicial, sinalou, “e outras que aínda están a entrar nela”, concluíu o xerente da área sanitaria de Lugo.

O BROTE PASA A ASTURIAS

Con todo, rexistrouse un caso en Asturias dunha persoa procedente da zona da Mariña, que supón o primeiro en 20 días na comunidade veciña, confirmou o Goberno do Principado.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...