IniciosociedadeO BNG reclama á Xunta "transparencia" e "protocolos" ante o brote

O BNG reclama á Xunta “transparencia” e “protocolos” ante o brote

A formación nacionalista suspende os seus actos de campaña na bisbarra "por responsabilidade"

Publicada o

- Advertisement -

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, xunto coa Alcaldesa de Barreiros e coordinadora comarcal da formación nacionalista, Ana Ermida, anunciaron este venres nunha rolda de prensa celebrada en Burela que o BNG anula os actos públicos convocados na comarca da Mariña Lucense “debido á situación sanitaria que durante os últimos días se está a vivir na bisbarra” polo brote de coronavirus, con 59 afectados segundo os datos oficiais.

Daniel CastroDiego Fernández e Andrea Martins, candidatos por Lugo da formación frontista; e o voceiro do Bloque na corporación de Burela, Mario Pillado, participaron no acto.

Rodil afirmou que “é unha decisión complicada, mais por responsabilidade social e política tivemos que actuar ante a situación actual”. A formación nacionalista tiña pendentes mítins en Ribadeo e Barreiros e un acto coa mocidade.

A candidata do BNG por Lugo reclamou da Xunta de Galiciaprotocolos e medidas claras para afrontar este tipo de brotes”. De cara ao 12 de xullo, solicitou a publicación dos protocolos para a celebración das eleccións autonómicas e “asegurar que as persoas afectadas poidan exercer o seu dereito ao voto”.

OS MARIÑAOS “TEÑEN QUE SABER CAL É A MAGNITUDE REAL” DO FOCO, EXPÓN RODIL

“Unha Xunta responsable ten que contar con ferramentas ante este tipo de casos que sabiamos que se podían producir, un protocolo ante situacións coma esta, para dar seguridade e transmitir calma. Non se pode responsabilizar individualmente ás persoas”, afondou.

Ademais, solicitou “transparencia” nos datos “para que a sociedade mariñá e o conxunto das galegas e galegos poidamos saber a magnitude real” deste foco de Covid-19. Rodil reclamou tamén da Xunta “lealdade” cara aos Concellos da bisbarra.

ERMIDA: “A XUNTA SINALOU PRIMEIRO Á MOCIDADE E LOGO Á HOSTALERÍA”

Pola súa banda, Ermida, que lamentou non ser citada polo Sergas para a reunión por videoconferencia con alcaldes da bisbarra, criticou “a falta de acción por parte do Goberno galego, quen non está a atender ao brote da Mariña”. Segundo a rexedora barreirense, “a Xunta tira balóns fóra sinalando primeiro ás mozas de entre 20 e 30 anos da bisbarra e logo á hostalería mariñá, cando foi o propio presidente quen publicitou que o conxunto da Galicia en xeral e a comarca en particular eran territorios seguros para a nova normalidade, cando estamos a ver que non existe tal normalidade” nesta zona, nin nova nin vella”.

Respecto do sector hostaleiro, lamentou que “tivo que afrontar a reapertura” despois de parar por mor do estado de alarma, “sen ningún tipo de protocolo claro, incluso respondéndolles aos titulares por escrito que cada negocio tiña que ter o seu propio plan”. Estamos ante un problema “de saúde pública” e “non se pode deixar esta situación ás medidas que adopte cada un individualmente, é a Administración competente quen ten que asumir a responsabilidade”, razoou.

A REXEDORA BARREIRENSE CRE QUE “NON SE DAN AS GARANTÍAS” PARA CELEBRAR ELECCIÓNS

“A xente está a facer o que se lles permite facer; o que faltan son medidas por parte da Xunta de Galicia”, censourou a rexedora barreirense, que finalizou que “as consecuencias son as que se están vendo. Gustaríanos saber que fixo Feijóo para que A Mariña fose un lugar máis seguro”, inquiriu Ermida, que lembrou que os Concellos costeiros da bisbarra cada vez reciben un subvencións menores para contratar socorristas e que “nada se sabe a 3 de xullo” sobre axudas para “persoal” a fin de implementar as medidas de control polo Covid-19. Ademais, fixo fincapé no “peche de camas chamado informático” no Hospital Público da Mariña ou nas vacantes producidas en atención primaria ao non cubrirse baixas e vacacións de persoal.

“Estanse poñendo por diante os intereses electorais e que se celebren unhas eleccións”, afirmou Ermida, que argumentou que “non se dan garantías” nin “normalidade” para os comicios autonómicos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...