O voto de centos de mariñaos, en entredito polo coronavirus

Sanidade fará "indicacións" de cara ás eleccións autonómicas conforme "evolucione" o brote; positivos e probables non poden romper o illamento sen autorización expresa

Papeletas das eleccións. AXM

A Consellería de Sanidade trasladou este venres que, chegado o caso, en función de como evolucione a pandemia do coronavirus e “de acordo coa Xunta Electoral” realizaranse as “indicacións necesarias” sobre os confinados –na Mariña lucense ascenden a varios centenares tras un brote con 59 infectados-, cuxo dereito a voto podería verse en cuestión pola situación de illamento.

Así o trasladaron fontes da Consellería, que lembraron, ademais, que o protocolo do Ministerio “establece un confinamento de dez días“, polo que moitos xa poderían chegar libres da corentena á cita coas urnas do próximo 12 de xullo.

Sanidade lembrou, tras este encontro, que as persoas que sexan consideradas como un caso sospeitoso de infección por Covid-19, xa estean pendentes dos resultados de probas diagnósticas, ou ben sexan casos positivos confirmados, deberán seguir as indicacións de illamento ou corentena que lle sexan sinaladas desde os dispositivos asistenciais ou desde saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio -ou lugar de illamento-, “excepto autorización expresa do servizo sanitario“. Le a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here