Iniciosociedade“Incerteza” e “nerviosismo” ante unha ABAU condicionada polo brote

“Incerteza” e “nerviosismo” ante unha ABAU condicionada polo brote

O estudantado do IES de Mondoñedo realizará a Selectividade por primeira vez en Viveiro e o alumnado de Ortigueira terá que desprazarse ata Ferrol

Publicada o

- Advertisement -

JUAN MAYA. Desde mañá, martes 7 de xullo, e ata o día 9 as probas de ABAU celebraranse como vén sendo habitual no IES Vilar Ponte. Arredor de 300 alumnos de Ribadeo, Foz, Burela, San Cibrao, Viveiro e Mondoñedo daranse cita nesta convocatoria na Cidade do Landro. O estudantado do instituto mindoniense examinarase por primeira vez no centro viveirense xa que soía desprazarse a Lugo. O alumnado de Ortigueira, en cambio, realizarán a Selectividade en Ferrol. Son algúns dos cambios que traen as restriccións ao movemento das persoas que supón o peche da Mariña por mor do brote de coronavirus, unha situación que xera “incerteza” e “nerviosismo” entre os participantes.

“AQUÍ NON TEMOS NINGÚN CASO, PERO IMOS Á COSTA”

A directora do IES Plurilingüe San Rosendo, María José Cuesta, expón que o cambio de sé incrementa “a incerteza” entre un alumnado que vén de vivir un curso difícil, condicionado polo parón da actividade presencial a causa do estado de alarma.

Preséntanse aos exames un total de 16 alumnos do centro, explica Cuesta, “14 de segundo de Bacharelato e dous para subir nota só na fase específica”.

A directora pensa que o feito de que os estudantes se despracen este ano a Viveiro “causa máis nerviosismo” porque estaban “afeitos a ir a Lugo”. “Onte foi un non parar de consultas por WhatsApp e aínda non o sabemos con seguridade”, asegura.

“Aquí en Mondoñedo non había ningún caso e mándannos á Costa que é onde máis hai”, lamenta, aunque resalta que profesorado e estudantado acatarán “todas as normas” e matiza que “non debera haber ningún problema”.

De cara á preparación da ABAU, Cuesta ten confianza nos rapaces e rapazas do seu centro que acudirán ás probas porque “son moi bos estudantes e tiveron unha actitude marabillosa. O profesorado estivo sempre en contacto con eles”, conclúe.

UNHA PREPARACIÓN QUE SUPUXO TODO UN DESAFÍO

Trinta e dous alumnos do IES Perdouro acudirán ás probas. De cara á preparación para a ABAU o alumnado empregou, principalmente, “o correo electrónico e a aula virtual”. Unha vez decretado o estado de alarma, o director do centro, Santiago Juan Pérez Docobo, “organizámonos rapidamente para seguir traballando de forma telemática e facilitóuselles aos alumnos que o precisaran ordenadores e medios para conectarse a internet así como un horario de consultas aos profesores”.

Pérez Docobo considera que a preparación a distancia foi “bastante eficaz“ e engade que están “satisfeitos”. Considera que tanto os alumnos como o profesorado se “adaptaron sen dificultades ás novas dinámicas” e as clases a distanciafuncionaron moi ben”.

Con respecto aos cambios que se realizaron este ano nos exames, o director pensa que se “flexibilizou moito porque (as probas) incorporaron moita máis opcionalidade” de forma que “os alumnos poden evitar aqueles contidos que quedaron un pouco menos traballados”. Os profesores impartiron “en case todas as materias o programa que estaba previsto”. “Teremos que ver os resultados”, conclúe.

OS RAPACES QUEREN “EXAMINARSE CANTO ANTES”

IES de Foz presentará 50 alumnos do seu centro ás probas, unha cifra que o director, Nicolás Asensio, considera que se atopa “na liña de anos anteriores”. Os alumnos do instituto seguen en contacto co profesorado, pero asegura que hai “un certo nerviosismo pola situación é polo tempo transcorrido”. Califica de “gran esforzo” o traballo realizado polo profesorado e o alumnado.

“Vanse xuntar bastantes alumnos e estos días son bastante complicados”, afirma Asensio.

 “Eu creo que está bastante ben organizado e  estamos bastante ben informados e penso que por parte da CIUG todos os medios están, a ver se vai todo ben”, engade.

A pesar dos cambios realizados na docencia este curso, os alumnos van con “seguridade” e o profesorado quedou “moi satisfeito” do xeito no que se rematou o curso.

“Medo sempre hai, pero é algo que a día de hoxe é inevitable, teñen que facer as probas”, responde ao preguntarlle sobre a situación de excepcionalidade na que se celebran este ano os exames. “Creo que eles queren facelas canto antes e que non vai haber problemas”, conclúe.

OS POSITIVOS OU PROBABLES EXAMINARANSE EN SETEMBRO

Nestes tres centros non consta ningún positivo nin ningún alumno que tivese que gardar corentena por ser contacto dunha persoa infectada.

Os alumnos que por motivos da Covid-19 non poidan examinarse, ”deberán presentarse á convocatoria de setembro coas mesmas posibilidades que un que se examine agora”, indica Asensio. É dicir, conservarán a prioridade da convocatoria ordinaria.

que expón que de cara ao curso que vén haberá plans de emerxencia para previr contaxios e “solucionar as incidencias” que poidan ter lugar. “Estamos á espera de recibir instrucións da Consellería e trataremos de aplicalos o mellor posible”, concreta.

MEDIDAS DE SEGURIDADE

En canto ás medidas de seguridade para a proba de Selectividade, optarase polo acceso ás sedes por chanzos, aumentarase o número de vogais e tamén se aumentará o número de comisións delegadas co propósito de reducir o alumnado en cada centro.

Segundo a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia), haberá un circuíto marcado de movemento en todos os centros e haberá que manter a distancia de seguridade, ademais de utilizar xeles hidroalcólicos e máscaras en todo momento fóra diso na realización mesma da proba.

De feito, a decisión de Sanidade respecto da máscara obrigou a modificar o protocolo e as normas elaboradas pola CIUG, xa que nun principio contemplábase o uso obrigatorio e en todo momento deste elemento.

Con todo, o DOG facía unha excepción na Mariña e permitía prescindir da máscara no momento de sentarse a realizar a proba, unha indicación “contradictoria” co protocolo previo.

“Ao adoptar Sanidade esta norma para a comarca da Mariña, decidimos trasladala a todas as comisións universitarias de Galicia porque non ten moito sentido quitala onde hai un brote de coronavirus e que non poidan no resto da comunidade”, explicou Armas.

A cafetería permanecerá pechada, polo que tamén teñen que encargarse de levar a súa propia comida e bebida.

A CIG RECLAMA “MEDIDAS” PARA QUE OS CONFINADOS POIDAN EXAMINARSE

CIG da Mariña esixiu a CIUG e Consellería de Educación que se extremen as medidas de protección da saúde tanto para o profesorado como para o alumnado na realización dos exames da ABAU en Viveiro.

Dado que pode haber algunha alumna ou alumno confinado neste momento, “pedimos que se respecten os seus dereitos a realizar o exame, e se promovan todas as medidas necesarias para que así sexa”, afirma o sindicato.

“Non podemos máis que criticar a falta de previsión da Consellaria de Educación no que respecta ás súas obrigas para co profesorado e alumnado, o que implica a constante improvisación”, finalizou a central.

DOCENTES CRITICAN A “IMPROVISACIÓN”

A organización da ABAU tamén recibiu as críticas da agrupación galega Profesorado en pé. Ante unha situación que califica de “extrema gravidade” e que xera “inquedanza” no profesorado e nos alumnos, o colectivo consdiera que as probas crean unha “inflexión alarmante”, xa que reunirán a estudantes de distintos centros educativos da Mariña nun momento no que foi decretado o confinamento temporal da comarca polo aumento do número de casos de persoas infectadas de coronavirus.

Deste xeito, os docentes consideran “insuficiente” a previsión á hora de xestionar e celebrar as probas, e que na situación actual, se debera alomenos “ter en consideración por parte das diferentes autoridades implicadas na xestión”.

O grupo de profesorado tamén apunta que o protocolo “sitúase na liña de indefinición que caracterizou as instrucións relativas ás normas de seguridade” e que son “apuntamentos voluntaristas e xeralistas”.

A constitución das comisións delegadas realizouse este luns “cunha marxe de tan só 15 horas con respecto ao inicio das probas”. Consideran que o tempo garantido fai que sexa “imposible comunicar aos centros educativos as concrecións que cada comisión delegada poida facer” e dificulta facer chegar a información “ao alumnado e aos centros educativos”.

PREPARATIVOS

Debido ao incremento de candidatos respecto de outras ocasións e as condicións de seguridade e distanciamiento, que son necesarias tomar debido á Covid-19, persoal municipal do Concello de Viveiro trasladou cento noventa mesas e outros tantas cadeiras desde a planta baixa e desde o primeiro piso do IES Vilar Ponte ao seu pabellón polideportivo. Tamén, hoxe luns, persoal municipal da sección de medio ambiente acondicionou a zona verde que cincunda as instalacións para recibir a alumnos e familiares.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...