IniciosociedadeSanidade aclara que se encargará do control das persoas illadas ou en...

Sanidade aclara que se encargará do control das persoas illadas ou en corentena

Malia que varios municipios carecen de Policía Local, os Concellos "son competentes" para "velar polo cumprimento do uso de máscara, o control de aforo e os horarios de peche"

Publicada o

A Consellería de Sanidade aclarou aos concellos da comarca da Mariña que o control das persoas illadas ou en corentena levarao a cabo os servizos asistenciais da xefatura territorial do Sergas en colaboración coa Policía Autonómica. Segundo fontes do departamento que dirixe o conselleiro Jesús Vázquez Almuiña, esta foi unha das cuestións trasladas aos gobernos locais na reunión celebrada na mañá deste luns para abordar a situación aberta na comarca, pechada ata o venres para controlar o brote de Covid-19 no norte da provincia luguesa.
Sanidade insistiu aos Concellos que “son competentes para velar polo cumprimento do uso de máscara, o control de aforo e os horarios de peche dos locais, así como controlar os espazos e instalacións de titularidade municipal”. Así mesmo, solicitan a súa colaboración para que “dentro das súas posibilidades” os corpos das Policías Locais e Protección Civil poidan exercer “tarefas de información” das “obrigas” establecidas na comarca mariñá. A Mancomunidade de Municipios da Mariña, así como os gobernos locais de Burela -onde se focalizan a maior parte dos positivos-, Barreiros ou Ribadeo aseguraron que a Xunta de Galicia elude responsabilidades a nivel de vixilancia para que as asuman os executivos municipais.

A FEGAMP DEMANDA MEDIOS

Este luns, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) censurou que a Administración autonómica traslade aos alcaldes a responsabilidade de exercer como “autoridade sanitaria” en episodios de peches de áreas por brotes de Covid-19, como o que foi decretado para a comarca da Mariña, onde se documentan actualmente 119 casos activos, con arredor de 1.100 persoas confinadas.
A Fegamp critica que a Consellería de Sanidade impoña aos gobernos locais a consideración de “autoridade sanitaria” segundo a cal deberán “garantir a vixilancia, inspección e control do cumprimento” das medidas decretadas nos seus municipios.
A federación lembra que a Lei reguladora de Bases de Réxime Local establece que a xestión de crises sanitarias recae na Dirección Xeral de Saúde, é dicir, na Xunta e que, por tanto, corresponde á Administración autonómica coordinar, achegar medios e elaborar plans de actuación para facer fronte a situacións como a aberta na Mariña.
Neste sentido, os concellos advirten das súas “limitacións” en canto a recursos humanos e materiais para facer fronte ás funcións que lle adxudica a Xunta. Como exemplo diso, sinalan que “o 60%” dos concellos galegos carecen de Policía Local e que un “número significativo” de municipos con este corpo contan con persoais mermados pola taxa de reposición.
Así as cousas, as entidades locais reivindican o traballo realizado ao longo desta crise sanitaria “asumindo funcións engadidas e mesmo impropias sen dispoñer de medios extraordinarios para o seu desenvolvemento”, polo que demadan á Xunta que asuma as súas responsabilidades para que “a protección da saúde sexa igual para todos os galegos independentemente da facenda local de cada concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...