IniciosociedadeCondenan a catro anos, por abuso sexual e non por agresión, a...

Condenan a catro anos, por abuso sexual e non por agresión, a un home que violou unha muller en Viveiro

A Audiencia Provincial de Lugo entende que, malia que a vítima expresou verbalmente a súa negativa ao acto sexual, non se pode acreditar "intimidación" ou "unha conduta real de forza"

Publicada o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos de cárcere a un home de 25 anos, R. M. B., por abusar sexualmente dunha muller no interior do seu vehículo durante a madrugada do 9 de xullo de 2019.

Ambos coñecéronse nun bar de Foz e, tras trasladarse ao porto de Viveiro, o imputado comezou a bicala e quitarlle a roupa, situación ante a que ela lle pediu que parase. Finalmente, o condenado consumou o acto sexual, “sen resistencia” por parte da vítima que, “presa do medo, pero mostrando verbalmente con claridade, e en reiteradas ocasións, a súa negativa e vontade contraria á realización do acto sexual”.

Non acreditando os maxistrados que houbese “unha conducta real de forza que supuxera unha certa intimidación, nin tampouco a existencia dun forcexeo minimamente apreciable”, consideran que debe “descartarse a existencia do delito de agresión sexual” solicitado polo Ministerio Fiscal, que pedía dez anos de prisión.

Por mor do sucedido, segundo o a Fiscalía, a muller sufriu un trastorno de estrés postraumático e tivo que someterse a tratamento psicolóxico. O condenado deberá indemnizar á vítima con 5.000 euros en concepto de secuelas e danos morais.

As manifestacións da vítima, segundo destaca o tribunal, son cribles e foron corroboradas polo seu irmán e unha amiga, os cales declararon como testemuñas. A Audiencia salienta que esas manifestacións “contrastan coas realizadas polo acusado, que se aprecian meramente exculpatorias”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...