A Xunta Electoral de Galicia (XEG) indicou que non lle “corresponde“ pronunciarse sobre suspender as votacións na Mariña Lucense, como se consultou por parte de Marea Galeguista. En todo caso, di que dependerá das medidas que decrete o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ante a evolución do brote de coronavirus da bisbarra, con 121 infectados, que obrigou ao peche de 14 dos 16 municipios da bisbarra ata a medianoite do venres.
“Non corresponde a esta Xunta Electoral pronunciarse sobre a situación das eleccións da Mariña Lucense”, recolle unha resolución da XEG, que indica que mentres as actividades administrativas, económicas e sociais se desenvolvan con “normalidade“, non entende “afectadas as condicións do proceso electoral, agás do que poida acordarse, se é o caso, polas autoridades sanitarias”.
Contra esta resolución pódese presentar recurso de alzada ante a Xunta Electoral central, antes deste mércores ás 11.30 horas. Le a información completa no Galicia Confidencial.