EFE. O peche da mobilidade durante cinco días en 14 municipios da comarca lucense da Mariña para tratar de frear o brote de coronavirus conlevará uns catro millóns de euros de perdas no comercio de Ribadeo, segundo os cálculos da asociación de empresarios Acisa.
O xerente da agrupación, Jesús Pérez, precisou que o dato vén dunha avaliación inicial, da que uns tres millóns de euros de perdas corresponden á cancelación da festa Ribadeo Indiano, que non se celebrará “por responsabilidade e seguridade”, dixo.
“Agora temos que engadir esta nova situación pola que estamos atravesando e coa que non contabamos. Estimamos as perdas ocasionadas polas cancelaciones en hoteis e na restauración nun millón de euros máis”, precisou.
Na mesma liña, informou de que desde o domingo pasado rexistraron unha cancelación de “95% das reservas en hoteis para esta semana e máis do 75% para todo o mes“. Ademais, “os restaurantes perderon preto do 85% da súa facturación con respecto á pasada semana”.