IniciosociedadeRibadeo licita a mellora de accesos a sete núcleos rurais

Ribadeo licita a mellora de accesos a sete núcleos rurais

A Deputación achegará 251.000 euros para o proxecto, que beneficiará ás parroquias de Vilaselán, A Devesa, Covelas, Santalla e Couxela

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo sacou a concurso o plan de mellora de accesos a sete núcleos rurais das parroquias de Vilaselán, A Devesa, Covelas, Santalla e Couxela. Este proxecto, cun investimento de 251.702 euros, suporá a segunda fase dun plan que comprende as obras licitadas no pasado mes de xullo, que afectarán a 20 poboacións rurais e para as que o goberno local achegará 255.761 euros.

Desta volta, será a Deputación de Lugo quen financie as actuacións, a través do Plan Único. As empresas interesadas en participar no concurso teñen un prazo de 20 días para presentar os seus proxectos.

SEIS LOTES

O goberno ribadense dividiu o plan en seis lotes: Barreiras, en Vilaselán, cun importe de 12.400 euros; Campoxurado, nesta mesma parroquia, 46.800; Igrexa e Campana, na Devesa, por 82.000 euros; Anzas, en Covelas, por 33.000; Vilaosende, en Santalla, 44.000; Eirexe, en Couxela, 32.000 euros.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...