IniciosociedadeBombóns con algas ou un labirinto en Rinlo, entre os plans do...

Bombóns con algas ou un labirinto en Rinlo, entre os plans do Galp que apoia a Xunta

A Consellería do Mar concedeu axudas a doce proxectos na bisbarra, cun investimento que supera os 360.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Mar aprobou axudas a un total de 17 proxectos do Grupo de Acción Local Pesqueira (Galp) A Mariña-Ortegal, entre os que se atopan 12 propostas na bisbarra, cun investimento que supera os 360.000 euros. O Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP) cofinanciará as subvencións.

DOCUMENTAL BURELA-CABOVERDE

Burela Sabí‘, un documental impulsado pola asociación de xubilados do Mar A Moncloa, que tratará a convivencia na pesca entre mariñaos e caboverdianos, recibirá 10.800 euros de axuda. ‘Cervo a carón do mar‘ inclúe varias iniciativas adicadas a promocionar o ourizo de mar -a propia exaltación e un libro-recetario- e o Sendeiro Azul do Torno. O importe da subvención é de algo menos de 54.500 euros.

CETARIA EN SAN CIBRAO

As xornadas técnicas Expomar recibirán unha achega de 11.260 euros. A Xunta tamén impulsará a creación dunha cetaria e un cocedoiro de marisco en San Cibrao (34.164 euros) ou o proxecto dun propietario dunha embarcación de pesca artesá en Ribadeo, que mercará un vehículo cun isotermo para que non se rompa a cadena de frío no traslado do peixe (14.416 euros); esta mesma iniciativa tamén se premiou no Folgueiro (11.127) e O Vicedo (11.856).

Porto de Ribadeo. AXM

A elaboración de bombóns con alga de mar sen lactosa en Ribadeo (30.300 euros), a creación dun parque recreativo cun percorrido labiríntico en Rinlo (72.634 euros), que incluirá un mirador e unha zona de aluguer de equipos de pesca, e a adquisición, por parte da confraría ribadense, dun fabricador de xeo e un vehículo isotermo (30.450 euros) son outros dos proxectos que financiará a Xunta. 

CERVEXA CON AUGA DE MAR

A Consellería do Mar tamén concedeu axudas para a fabricación da cervexa artesá Augas Santas, feita con auga mariña (Barreiros, 42.497 euros) e a ampliación da marisquería Porto de Rinlo (36.932).

FORMACIÓN

O GALP A Mariña-Ortegal puxo en marcha o programa de formación Vidas Mariñeiras.

Cartel de Vidas Mariñeiras. AXM

O alumnado de terceiro e cuarto da Eso dos municipios que abrangue o grupo ten ata o 3 de outubro para presentar un guion dunha peza audiovisual que retrate os oficios tradicionais da cultura mariñeira. Preme no enlace para consultar as bases do concurso. a marina ortegal vidas marineiras

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...