IniciosociedadeBurela pedirá "unha axuda especial" ás Administracións para paliar as "perdas" que...

Burela pedirá “unha axuda especial” ás Administracións para paliar as “perdas” que supón o peche

O comercio da Mariña valora o levantamento das restriccións en seis municipios, a nova que "o turismo e a economía estaban agardando"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que solicitará “unha axuda especial” por parte das distintas Administracións para “facer fronte ás perdas económicas ocasionadas polo confinamento”, dado que este municipio é o único da Mariña no que se manteñen as restriccións á mobilidade por parte da Consellería de Sanidade e aínda se prolongarán “uns días máis”.

En declaracións aos medios de comunicación, o rexedor dixo que confía “en que a próxima semana” tamén o municipio de Burela -epicentro do brote de coronavirus na comarca- “recupere a normalidade”, porque os casos positivos de coronavirus están baixando de “forma espectacular”.

LLANO CONFÍA EN QUE O LUNS SE REVISE A SITUACIÓN

Hoxe son 116 en Burela, segundo precisou o alcalde, quen confía en que o luns se revise de novo a situación do municipio, porque considera que esa cifra baixará de forma considerable cando se cumpra a corentena daqueles que deron positivo a semana pasada.

“Queremos recuperar a normalidad canto antes”, insistiu o alcalde, quen tamén afirmou que a poboación de Burela estase “comportando dunha forma exemplar” e cun respecto escrupuloso aos “protocolos” establecidos polas autoridades sanitarias.

Así, “compartindo a responsabilidade“, engadiu, este brote estará pronto superado “en Burela e na comarca” da Mariña.

VIVEIRO, XOVE, CERVO, FOZ, BARREIROS E RIBADEO, LIBRES

Logo de analizar a evolución do brote de coronavirus detectado na comarca durante os últimos días e de escoitar o criterio do comité clínico, a Consellería de Sanidade tomou a decisión de levantar as restriccións de mobilidade en seis dos sete municipios mariñaos nos que estaban prohibidas entradas ou saídas -aínda que se permitía a comunicación entre eles, salvo no caso de Burela-.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comparecía este mediodía ante os medios de comunicación, en Santiago de Compostela, e anunciaba que as restriccións de mobilidade quedarán levantadas desde as 00.00 horas nos municipios de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo.

Polo tanto, mantéñense só en Burela, porque “malia que a situación é moito” mellor que nas últimas semanas, dixo o conselleiro, segue concentrando o 77% dos 151 casos positivos.

A FCAM: “QUEDA VERÁN POR DIANTE PARA GOZAR CON RESPONSABILIDADE”

Por outra parte, o presidente da Federación de Comercio da Mariña (FCAM), José Carlos Paleo, aplaudiu a decisión da Consellería de Sanidade de levantar as restriccións á mobilidade na maior parte dos municipios da comarca porque se trata “dunha moi boa nova”, pola que toda a economía local “estaba esperando”.

“Mandámoslle o noso apoio aos compañeiros de Burela, pero tamén a todos os veciños, cos que esperamos compartir unhas cañas cando sexa posible. O que pasou nesa localidade pode ocorrer en calquera outro lugar. Moito ánimo e vémonos pronto”, dixo Paleo.

Recordou, en todo caso, a importancia de que a Consellería de Sanidade levantase a restricción á mobilidade na maioría dos catorce municipios mariñaos que forman o distrito sanitario, porque “estamos a mediados de xullo e é moi importante para a reactivación do turismo e da economía“.

“A vida segue e temos que afacernos a convivir con esta crise sanitaria. Hai que protexerse, hai que respectar as normas, pero hai que gozar tamén de todo o que temos á beira”, como “as praias, a paisaxe e a gastronomía“, dixo Paleo. Nese sentido, insistiu en que “podemos desfrutar” de todo si “o facemos de forma cívica e ordenada”, porque aínda “temos o verán por diante para aproveitalo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...