IniciosociedadeO xulgado ratifica por segunda vez as medidas de control do brote...

O xulgado ratifica por segunda vez as medidas de control do brote da Mariña decretadas pola Xunta

A maxistrada considera "imprescindibles" as restriccións ao movemento das persoas aprobadas o pasado 10 de xullo

Publicada o

- Advertisement -
O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Lugo emitiu este mércores un auto no que ratifica as medidas de prevención acordadas pola Consellería de Sanidade o pasado 10 de xullo como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada polo brote de coronavirus. As medidas afectaban os municipios de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

ILLAMENTO DE BURELA

En concreto, na dita orde determinábase que os veciños de Burela só poderían moverse no seu municipio e retomábase a mobilidade en sete concellos –tralo peche inicial de toda a comarca durante cinco días-. A Xunta decidiu que os cidadáns dos outros seis municipios poderían desprazarse entre eles e que se mantén en toda A Mariña a limitación de aforamentos e horaria.

Esta xornada, na mesma que o xulgado ratificou por segunda vez estas medidas, a Xunta xa tomou unha nova determinación: manter unicamente a restrición de mobilidade no municipio de Burela trala evolución do brote con 151 casos activos na Mariña Lucense e levantar as limitacións de desprazamento nos outros seis municipios que só se podían mover entre eles.

ARGUMENTOS XURÍDICOS

No auto sobre a orde do día 10, que difundiu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a maxistrada indica que as decisións tomadas pola Xunta son “adecuadas á situación existente na Mariña e, en concreto, á evolución dos casos que se han ido detectando ao longo dos últimos días”.

Ademais, destaca que, atendendo á situación concreta de cada municipio da comarca, a autoridade sanitaria procedeu “a discriminar as diferentes zonas, adoptando medidas restritivas unicamente naqueles lugares onde a taxa de incidencia do brote evolucionou de forma importante, flexibilizando tales medidas noutras zonas onde ou ben non se detectaron casos ou foron escasos ou puntuais”.

“Non cabe dúbida de que a ratificación xudicial que agora se interesa persegue un fin constitucionalmente lexítimo e a súa adopción atópase amparada por unha norma de rango legal”, recalca a titular do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Lugo.

“PROPORCIONALIDADE”

A xuíza incide no auto en que existe “proporcionalidade” nas medidas adoptadas e que, limitadas no tempo, son “idóneas, absolutamente imprescindibles e necesarias aos fins que perseguen, sen implicar un sacrificio desmedido por parte da poboación afectada ante a gravidade da situación”.

Por todo iso, a maxistrada considera que se axustan aos parámetros fixados polo Tribunal Constitucional cando se trata de intervencións dos poderes públicos que inciden na liberdade da cidadanía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...