IniciosociedadeO número de positivos en Burela descende a 103, trece menos

O número de positivos en Burela descende a 103, trece menos

O alcalde do municipio, que segue illado polo brote, concreta que o vindeiro venres comezará o seguimento ao persoal da Policía Local e do SAF

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, confirmou que os casos activos de coronavirus continúan baixando no municipio, que permanece pechado a entradas e saídas por orde da Consellería de Sanidade, de modo que a día de hoxe son 103, trece menos dos que había na xornada anterior.

En declaracións aos medios de comunicación, Llano volveu enxalzar o comportamento dos veciños do municipio, que se mantén pechado polo brote de Covid-19 localizado, e recordou que o “obxectivo é ter cero positivos” no menor tempo posible.

De momento, precisou, “todo avanza segundo o previsto, imos ver si conseguimos que se manteñan esa tendencia”.

Por outra banda, confirmou que mañá comezará o cribado con probas diagnósticas do propio persoal municipal, con especial atención a aqueles colectivos que están máis expostos ao contaxio polo seu contacto permanente coa xente, como é o caso da Policía Local ou o persoal do servizo de axuda no fogar.

COMERCIO E CONCELLO SOLICITARÁN AXUDA ÁS ADMINISTRACIÓNS

Ademais, confirmou que mañá -día 17 de xullo- tamén iniciará os contactos cos hostaleiros e comerciantes locais, xunto con persoal técnico do Concello, para presentar unha “solicitude formal” de axudas especiais a este municipio, o máis afectado da comarca polo brote e polas medidas sanitarias para tratar de frealo.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...