IniciosociedadeXove acollerá o 29 de setembro unha concentración de vehículos clásicos

Xove acollerá o 29 de setembro unha concentración de vehículos clásicos

A comitiva realizará un percorrido que se deterá na Rigueira para desfrutar do San Miguel

Publicada o

- Advertisement -

Xove acollerá o 29 de setembro a segunda edición da concentración de vehículos clásicos e históricos, que organiza a asociación Autoclásicos da Mariña Lucense en colaboración co ConcelloA organización agarda a participación de coches e motos de Galicia e Asturias.

PERCORRIDO

O centro cívico será o punto de reunión, ás 9.00 horas, e de partida, desde as 11.30, dun percorrido duns dez quilómetros polo concello. Os participantes deteranse na Rigueira para participar da celebración do San Miguel e tamén coñecerán a Ruta dos Muíños.

A comitiva seguirá polo Cruceiro, para dirixirse á Vara, Os Faroles, Xuances e Area, onde rematará o traxecto cun xantar no restaurante Louzao. Ao remate, haberá unha entrega de premios e o sorteo dunha serie de produtos doados polas empresas colaboradoras.

INSCRICIÓN

A organización manterá aberta a inscrición durante a vindeira semana. Anotan no número de teléfono 652.36.46.10.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...