O Ribadeo Indiano loce nun encontro internacional

Representantes do Concello e de Acisa presentaron a festa nun foro en Lloret de Mar

Ponencia da delegación ribadense. AXM

Unha delegación do Concello e da Acisa presentou este venres o Ribadeo Indiano na primeira edición do Foro Internacional de Municipios Indianos, que se celebra estes días en Lloret de Mar.

A concelleira de turismo ribadense, Ana Martínez, repasou a arquitectura indiana de Ribadeo. Ademais, os asistentes poideron comprobar o escenario no que se celebra a festa, a decoración e a implicación da sociedade civil e o comercio na mesma, tanto á hora de participar nas actividades como de caracterizarse.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, falou da ampla oferta cultural e de ocio que propón a festa; charlas, visitas guiadas, xincanas, mercado ou teatro no porto.

REFERENTE

A presentación da expedición ribadense colleitou numerosos eloxios e o Ribadeo Indiano revelouse como unha referencia neste tipo de eventos no norte de España.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here