IniciosociedadeTrasladan a Burela os seis mariñeiros negativos confinados en Cantabria

Trasladan a Burela os seis mariñeiros negativos confinados en Cantabria

Un minibús saíu esta tarde cos traballadores cara Galicia; os catro obreiros que deron positivo permanecerán en corentena en Solórzano

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Un minibús chegou esta tarde, ás 17.00 horas, ao albergue de Solórzano para trasladar ata Galicia aos seis mariñeiros de boniteiros de Burela que permanecían illados neste municipio cántabro desde o sábado sen dar positivo por coronavirus, logo de confirmarse que catro compañeiros seus estaban contaxiados de Covid-19.

Á saída do recinto, o patrón da embarcación “Ledicia“, José Romeu, mostrou a Efe a súa satisfacción por poder regresar hoxe ás súas casas tras días “coa moral moi baixa” ao estar encerrados debido ao confinamento preventivo.

Con todo, os catro compañeiros que aínda arroxan positivo nas probas PRC continuarán no albergue ata confirmar que non están contaxiados.

Tras detectarse un primeiro caso, dez marineros das tripulaciones dos barcos galegos o “Mar de Annea“, o “Ledicia” e o “Sapilo” foron levados o pasado fin de semana ao albergue para pasar a corentena.

O venres deuse a coñecer que un pescador de Burela que chegara ao porto de Santoña nun barco, para descargar o bonito da costeira que está agora aberta, dera positivo.

O sábado detectouse que outros dous compañeiros, dese buque e doutros dous barcos, tamén galegos e atracados nese porto, contaxiáranse, polo que os tres e outros sete mariñeiros que ían nas embarcacións foron confinados no albergue que o Goberno de Cantabria habilitou en Solórzano.

A lista incrementouse o mércores cun cuarto caso e a todos eles repetiráselles o test a próxima semana, polo que, nun principio, tamén se poderían marchar aos seus lugares de orixe se resulta negativo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...