Os positivos no brote da Mariña baixan a 112, con sete altas e ningún caso novo

As 63 PCR realizadas onte, segundo concreta o Sergas, resultaron todas negativas

Un home pasea con máscara por Viveiro. AXM

Os casos activos vinculados ao brote de coronavirus da Mariña reducíronse ata os 112 este domingo, despois de que fosen dadas de alta sete persoas e non se detectou ningún novo positivo con respecto ao parte do sábado.

63 PCR

A última actualización de datos das autoridades sanitarias galegas apunta que nas últimas horas realizáronse 63 PCR a persoas relacionadas co brote, pero deron todas negativo.

CATRO INGRESADOS

Dos 112 casos activos “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, concreta a Xunta de Galicia, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Catro persoas con covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña, todas en planta, a súa evolución é favorable.

424 PERSOAS EN SEGUIMENTO

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 424 persoas en seguimento domiciliario, 35 menos ca onte.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here