IniciosociedadeBurela seguirá illada alomenos ata o mércores malia o descenso dos positivos

Burela seguirá illada alomenos ata o mércores malia o descenso dos positivos

O alcalde agarda que o municipio poida recuperar a mobilidade logo dun novo retroceso dos casos activos de Covid-19; localízanse 53 cando "antonte había 77"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, confía en que as restriccións á mobilidade queden definitivamente levantadas no municipio o vindeiro mércores -día 22-, cando haberá unha nova reunión do comité clínico para tomar decisións en relación co brote da Mariña e, de forma concreta, en relación coa situación deste concello, pechado a entradas e saídas por orde das autoridades sanitarias.

O alcalde precisou que hai 53 casos activos en Burela, cando “antonte había 77“, o cal é “unha moi boa nova”.

“A ver se continuamos nesta liña hoxe e mañá, que espero que si, porque se están facendo menos probas PCR“, aclarou o rexedor, ao reducirse tamén os contactos a investigar por parte do Sergas.

“O mércores vaise reunir o comité clínico e esperamos unha decisión clara e contundente. Espero que se recupere o estado anterior a todo este confinamento“, dixo Llano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...