IniciosociedadeA Feira do Bonito e o Mercado Medieval de Mondoñedo, tamén cancelados...

A Feira do Bonito e o Mercado Medieval de Mondoñedo, tamén cancelados polo coronavirus

Ante a imposibilidade de celebrar o evento, de Interese Turístico Nacional, o Concello de Burela e Ledicia preparan unha homenaxe aos mariñeiros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela comunicou este luns que, tras chegar a un acordo coa asociación organizadora, Ledicia, a Feira do Bonito, prevista para a primeira fin de semana de agosto, será cancelada “ante a imposibilidade de realizala tal e como se viña facendo” en atención ás “medidas protocolarias” para evitar contaxios do coronavirus. Así o concretou o alcalde burelao, Alfredo Llano, quen precisou que a suspensión tamén afecta a Produart, o encontro de produtores artesanais.

Llano indica que, con todo, Ledicia e goberno local “imos ter o mércores outra reunión para decidir que eventos e actividades imos realizar, porque queremos facer algo aínda que sexa nada máis por honrar aos mariñeiros que están agora mesmo dedicados á pesca, incluso aos que pesquen outro peixe diferente ao bonito. Queremos tamén dar unha importancia fundamental á pesquería e ao túnido como especie que sempre nos tratou ben ao noso concello”, indicou.

O rexedor concretou que “o día 1 faremos o izado da bandeira azul no barco-museo Reina del Carmen. Tentaremos que haxa unha peza musical, e tamén procuraremos que todo o mundo saiba que dalgunha maneira que deberamos estar celebrando a Feira do Bonito, que é unha data non só importante para Burela, senón tamén para A Mariña e a provincia de Lugo”, rematou.

A Feira do Bonito conseguiu a distinción de Festa de Interese Turístico Nacional hai pouco máis dun ano, en xullo do 2019.

PROGRAMACIÓN CULTURAL ALTERNATIVA NO MUNICIPIO MINDONIENSE

Por outra banda, o Concello de Mondoñedo cancelou tamén a celebración do Mercado Medieval para este 2020 debido á situación sanitaria derivada da covid-19 e aposta por unha programación cultural e de lecer adaptada á actual situación sanitaria.

O goberno local realizará unha programación alternativa, sinala o concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías, Alberto García, “buscando a protección da saúde, a través de eventos en pequeno formato cos que dinamizamos e axudamos á economía local”.

Baixo o lema ‘Activando Mondoñedo’, esta “programación alternativa de cultura e lecer no verán 2020” ofrecerá de xoves a domingo ata o final do verán diversas actividades distribuídas entre as distintas rúas e prazas mindonienses que pretenden “evitar concentracións”, segundo o concelleiro de promoción económica, Manuel Tapia.

Este programa inclúe eventos diversos para todos os públicos coma os Domingos Frescos, os Xoves de Verán, os Seráns de Lecer ou os mercadiños dos xoves, aos que hai que engadir animación de bares e terrazas, espectáculos de maxia, títeres, obradoiros infantís, teatro na rúa, música tradicional e xogos populares e acuáticos.

Ademais, o executivo local anunciou o Merlín Fest, “un proxecto xurdido a raíz do parón cultural e que pretende apoiar aos empresarios e autónomos deste sector”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...