IniciosociedadeSuárez Barcia anima a reforzar as medidas de prevención en Ribadeo tras...

Suárez Barcia anima a reforzar as medidas de prevención en Ribadeo tras tres novos positivos

O concello ribadense acumula cinco infectados e 19 persoas en seguimento domiciliario

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo pideu non baixar a garda despois de que se detectase un crecemento do número de positivos, con tres casos novos de coronavirus para cinco infectados e 19 persoas en seguimento. Así o reflicten os datos que a Consellería de Sanidade lle facilitou ao Concello.

O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, explicou que “hoxe rompemos a liña descendente destes últimos días. Sei que a cidadanía está cumprindo e que non debemos tomar isto con pesimismo, senón co reforzo das nosas actuacións diarias responsables, para protexernos a nós mesmos, para protexer aos nosos e para coidar e reactivar á nosa economía“.

“Tamén quero dicirvos que o que hoxe nos pasa a nós en Ribadeo en calquera momento lle pode pasar a calquera outro concello da comarca, do país, do Estado… E mentres a ciencia non atope unha solución debemos actuar sempre como nos indican as autoridades sanitarias”, remarcou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...