IniciosociedadeTres novos casos e dez altas para 79 positivos no brote da...

Tres novos casos e dez altas para 79 positivos no brote da Mariña

O número de pacientes ingresados con Covid-19 no Hospital da Costa baixa a tres

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 79 casos activos no brote de coronavirus da Mariña, sete menos ca onte, segundo o reconto comunicado este martes. A Consellería de Sanidade expón que nas últimas horas detectáronse un total de tres positivos novos, mentres que dez pacientes con Covid-19 recibiron a alta.

O Sergas concretou que das 44 PCR realizadas nesta última xornada “a persoas relacionadas con este brote”, tres resultaron positivas e as restantes, 41, negativas.

Dos 79 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, concreta o Sergas, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Tres pacientes con covid-19 atópanse ingresados no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é “favorable”.

385 CONFINADOS

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 385 persoas en seguimento domiciliario, 22 menos ca onte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...