IniciosociedadeDous casos novos e 23 altas, para 48 positivos; a metade en...

Dous casos novos e 23 altas, para 48 positivos; a metade en Burela, que abre con 17 contaxiados menos

O municipio burelao desfruta este xoves do primeiro día de acceso e saída libre tralo peche decretado o pasado día 10

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 48 casos de coronavirus no brote da Mariña, 21 menos ca onte. Este saldo negativo resulta da localización de dous novos positivos, fronte a 23 altas.

A Consellería de Sanidade concreta que efectuou 45 PCR na última xornada, das que dúas probas resultaron positivas e outras 43 negativas.

DOUS INGRESADOS NO HOSPITAL DA COSTA

Dos 48 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días”, concreta o Sergas.

No Hospital Público da Mariña hai dúas persoas ingresadas con Covid-19, cuxa evolución “é favorable”, remarca Sanidade.

357 CONFINADOS

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 357 persoas confinadas, catro menos que onte.

“É O MOMENTO DE NON RELAXARSE”, PIDE LLANO

Por outra banda, e segundo informa EFE, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, confirmou este xoves que o foco de coronavirus detectado no seu municipio evolucionou “moi ben” nas últimas horas, de modo que o número de casos activos baixou ata os 24, logo de descender en 17 en tan só unha xornada.

Llano confirmou que nestes momentos seguen confinadas unhas 190 persoas que teñen que pasar o período de corentena, pero subliñou o esforzo realizado pola poboación de Burela para chegar a esta situación, xusto no día no que o municipio quedou de novo aberto ao exterior, de acordo co criterio do comité clínico convocado pola Consellería de Sanidade.

En todo caso, recordou que neste momento o importante “é non relaxarse” e cumprir de forma escrupulosa “as normas” e indicacións da autoridades sanitarias, porque estamos falando dunha “situación moi sensible que, en calquera momento, pode volver torcerse”.

Nese sentido, insistiu en que “as cousas van ben”, pero recordou que é “fundamental manter a responsabilidade” persoal para evitar contaxios. “Temos que ser positivos, pero con coidado”, dixo Llano, quen opina que se se mantén a responsabilidade por parte de todos, “rápidamente” o municipio chegará “a cero casos activos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...