O empresario de Xove Jesús Ángel Ben Canoura, xunto con outros membros da Asociación Nacional Española de Fabricantes de Hormigón Preparado (ANEFHOP), foi recibido este luns polo Rei Felipe VI no Palacio de la Zarzuela.
Ben, de Hormigones Mariña, ostenta o cargo de vogal nesta agrupación, que cumpre este ano cinco décadas desde a súa fundación. Trátase dunha organización empresarial sen ánimo de lucro, integrante de Aenor e do Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja, entre outros colectivos.