IniciosociedadeOito novos casos no brote da Mariña; o número de ingresados sobe...

Oito novos casos no brote da Mariña; o número de ingresados sobe de dous a catro

Non se produciron altas con respecto ao anterior reconto e o 13,3% das PCR realizadas con respecto á anterior actualización resultaron positivas

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos relacionados co brote de coronavirus que afecta ao distrito sanitario da Mariña sitúase en 56 tras oito novos positivos, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). A Consellería de Sanidade non informa de altas con respecto á actualización anterior.

O Sergas concreta que das 60 PCR realizadas nesta última xornada, oito foron positivas (o 13,33%) e 52 negativas. Deste xeito, e malia a cantidade de altas que se deron, que fixo minguar sensiblemente o número de casos activos, de 138 positivos o pasado 17 de xullo aos 56 actuais, no prazo dunha semana, séguese a notar unha certa incidencia do contaxio. Nese mesmo período de sete días, detectáronse 21 novos infectados.

Dos 56 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, conr e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. A presión asistencial no Hospital Público da Mariña por mor da Covid-19 aumentou con respecto a onte, pois catro pacientes -dous máis- co virus están ingresados no centro hospitalario de Burela.

As persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos, segundo precisa a mesma fonte, hai 350 persoas confinadas, sete menos que onte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...