IniciosociedadeUnanimidade en Cervo, a petición do BNG, para esixir á Xunta a...

Unanimidade en Cervo, a petición do BNG, para esixir á Xunta a cobertura da pediatra

A especialista leva "máis de catro meses de baixa", resaltan os nacionalistas, derivándose as crianzas a Burela, onde "neste momento tampouco hai atención pediátrica"

Publicada o

- Advertisement -

O pleno de Cervo acordou, a petición do BNG, reclamar á Xunta de Galicia a cobertura da praza de pediatría. Segundo concreta a formación nacionalista nun comunicado de prensa, a corporación aprobou por unanimidade esixir ao Goberno autonómico que substitúa á especialista, “de baixa desde hai máis de catro meses”.

SERVIZO COMPARTIDO CON XOVE

No pleno ordinario celebrado o pasado xoves, o BNG cervense explicou que o servizo, compartido co veciño concello de Xove, debe ser cuberto ante a demanda existente “especialmente nun período do ano no que se incrementa a poboación no municipio; actualmente ofrécese como alternativa a derivación a Burela, onde neste momento tampouco hai atención pediátrica por baixa do persoal”, remarca a formación frontista.

Apuntan desde a agrupación municipal do Bloque que “Cervo xa perdeu unha praza de médico de familia que foi amortizada pola Xunta do PP en 2013 a pesar da mobilización popular daquel momento. Hoxe non estamos en condicións de permitir unha nova amputación nos servizos sanitarios, moito menos cando o que esta en xogo é a calidade asistencial de nenas e nenos do noso concello”, indican os concelleiros da formación frontista, Diego Fernández e Xorxe Caldeiro.

Os nacionalistas presentaron unha moción pola vía da urxencia “á vista da crecente preocupación social” pola falta deste servizo, “que a Xunta de Galicia do Partido Popular continúa sen resolver”.

A CORPORACIÓN RECLAMA QUE NON SE AMORTICE A PRAZA DE DARSE UNHA BAIXA DEFINITIVA

O acordo pasa por “instar á Xunta de Galicia a cubrir de maneira urxente a praza pediátrica durante o tempo de baixa da titular”, así como, “ante a posibilidade de baixa definitiva da pediatra con praza no centro de saúde de San Cibrao, cubrir esta baixa con outra facultativa coa mesma titulación, e que en ningún caso se amortice a praza existente na actualidade”.

Os concelleiros do BNG cervense anunciaron que “este e un primeiro paso para reclamar a cobertura deste servizo sanitario, e non descartan acudir a outras vías no caso de que o problema siga sen solucionarse, xa sexa mediante mais iniciativas institucionais ou chamando a mobilización social”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...