IniciosociedadeAlivio na residencia de Xove tras non rexistrarse novos positivos nin entre...

Alivio na residencia de Xove tras non rexistrarse novos positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios

O número de casos activos na Mariña redúcese a 51 tras cinco altas e 43 PCR negativas

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 51 casos activos na Mariña Lucense, cinco menos ca onte, despois de que non se rexistrasen novos positivos e cinco pacientes recibisen a alta con respecto á última actualización. Tampouco se coñeceron novos infectados tralas probas realizadas na residencia de Xove.

Na última xornada realizáronse 43 PCR relacionadas co brote da Mariña detectado o pasado 23 de xuño, segundo a Consellería de Sanidade, das que todas resultaron negativas.

Tamén, sinala o Sergas, “todas as que se fixeron na residencia de Xove”, na que unha traballadora resultou positiva; trátase dunha obreira residente en Viveiro, onde resultaron afectados varios membros da súa familia, en principio a partir da visita de parentes procedentes de Cataluña. Non se rexistraron novos casos nin entre o persoal, con arredor de 60 operarios, nin entre os usuarios do xeriátrico, 126 do centro de maiores e outros 14 dos apartamentos tutelados San Bartolomeu.

Dos 51 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, indica o Sergas e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. No tocante á presión asistencial sobre o Hospital da Mariña, tres persoas con Covid-19 -unha menos ca onte- atópanse ingresadas no centro hospitalario de Burela, con evolución “favorable”.

337 CONFINADOS

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 337 persoas confinadas, 13 menos que onte.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...