Barreiros prepárase para as súas patronais, que comezan este mércores

O Concello organiza os festexos na honra de San Cosme os días 26 e 27, na praza do Concello

Presentación das festas. AXM

Barreiros celebrará as súas festas patronais na honra de San Cosme os días 26 e 27 de setembro.

MÉRCORES

O mércores 26, os festexos comezarán coa misa solemne na Igrexa de Abaixo, ás 13.00 horas. Ás 21.30 comezará a verbena coas orquestras Abanico e Metrópolis.

XOVES

O xoves 27, día grande e festivo local, haberá misa cantada pola coral de Barreiros. Os nenos poderán desfrutar de xogos populares desde as 18.00 horas e a partir das 21.30 haberá baile con Essencia e Alaska.

HABERÁ CARPA

As actividades celebraranse nunha carpa situada na Praza do Concello.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here