IniciosociedadeEstabilidade no brote de coronavirus da Mariña, con 51 positivos

Estabilidade no brote de coronavirus da Mariña, con 51 positivos

O número de ingresados por Covid-19 no Hospital da Costa mantense en dous, segundo o Sergas

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos relacionados co brote de coronavirus que afecta á Mariña  mantense en 51, cifra igual á de onte. No seu reconto deste luns, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non informa de casos novos nin de altas con respecto á última actualización.

A Consellería de Sanidade concreta que na última xornaza realizáronse un total de 185 PCR, para un total de 4.610 PCR.

Dos 51 casos activos, concreta o Sergas, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Dúas persoas con Covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña, igual ca onte, e a súa evolución é “favorable”.

As persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 337 persoas confinadas, unha menos que onte.

Na residencia de Xove, onde se detectou un caso activo de coronavirus entre o persoal, non se documentan novos positivos, despois de que se lle realizaran probas PCR a todos os maiores -uns 140 contando cos usuarios dos pisos tutelados- e traballadores do xeriátrico.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...