EFE. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, recoñeceu a súa “inquietude e incerteza” sobre o futuro dos locais de lecer nocturno da comarca da Mariña polas “restriccións que se lles aplican”, trala decisión da Consellería de Sanidade de prohibir de momento a súa apertura.
De feito Real pide que, dentro da categoría do ocio nocturno, se estableza unha diferenza clara entre aqueles “hostaleiros sobradamente preparados e dispostos a respectar as normativas, restriccións e medidas hixiénico-sanitarias para evitar novos brotes“, de “aqueles establecementos que incumplen os horarios e o resto de medidas”.
“Desde a Apehl estamos en contacto coa Xunta de Galicia e queremos propoñer unha reunión coas distintas administracións, autonómica, provincial e locais, con membros da propia asociación en representación do lecer nocturno da Mariña”, engade Real.
Un encontro, precisa, “para tratar as inquietudes dos establecementos deste sector, que xa levan cinco meses pechados e aos que lles é practicamente imposible manter un negocio nestas circunstancias“.