A provincia de Lugo conta cunha forte rede de protección social que ten como principais piares a rede de residencias públicas para maiores abertas nos concellos de Trabada, Ribadeo, Pol e A Fonsagrada, o servizo de teleasistencia domiciliaria e o apoio ao servizo de axuda no fogar dos Concellos. Con este sistema asistencial, dependente da Deputación Provincial, favorécese o benestar social, a conciliación e xérase actividade e emprego sostible. En total, créanse máis de 300 postos de traballo malia non ter as competencias en servizos sociais, pois estas recaen na comunidade autónoma, segundo establece o Estatuto de Autonomía.
No concello de Ribadeo a institución provincial ten unha residencia de 48 prazas; no de Pol unha de 36, en Trabada outra con 30 e na Fonsagrada, un centro con capacidade para 28 usuarios. A maiores, estas dependencias ofrecen prazas de centro de día: 18 no centro de Pol, 20 no trabadense e 20 no fonsagradino. Máis información no Lugo Xornal.