IniciosociedadeBurela ten 25 casos activos de violencia de xénero, un deles de...

Burela ten 25 casos activos de violencia de xénero, un deles de alto risco

O Concello adhírese ao programa Viogen do Goberno central, que permitirá reforzar o seguimento e a protección destas mulleres

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, presidiron este xoves unha Xunta Local de Seguridade na que se aprobou un novo protocolo de coordinación e colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local burelesa para a protección das vítimas de violencia de xénero.

Este protocolo de convenio será posteriormente asinado polo Concello co Ministerio de Interior, para regular a integración da Policía Local no sistema Viogen de protección das mulleres da localidade que puidesen ser vítimas de violencia machista.

O documento establece os mecanismos de coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local de Burela na “execución e seguimiento das medidas xudiciais acordadas para a protección de vítimas de violencia de xénero residentes neste término municipal”.

A integración no sistema Viogen permitirá que a Policía Local dispoña de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista existentes no municipio, polo que pasará a asumir o seguimento e control dalgúns destes casos.

A título de exemplo, a subdelegada informou de que a data de onte había 25 casos activos que afectan a mulleres residentes no municipio de Burela, un de risco alto, dous de risco medio, cinco de risco baixo e dezasete de nivel de risco non apreciado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...