IniciosociedadeUn profesor danés exporá o modelo da FP dese país en Vivero...

Un profesor danés exporá o modelo da FP dese país en Vivero e Ribadeo

As charlas enmárcanse nos actos da Semana da Formación Profesional, do 1 ao 3 de outubro

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) organizará varias actividades na bisbarra dentro da celebración da Semana Europea da Formación Profesional (FP), do 1 ao 3 de outubro.

Un profesor danés ofrecerá charlas no CIFP Porta da Auga de Ribadeo e no IES María Sarmiento de Viveiro sobre o funcionamento da FP en Dinamarca.

O docente, profesional do centro College 360 e coordinador a nivel nacional dun programa de formación de alumnado, tamén visitará a empresa Hermanos Rega, en Alfoz, e unha fábrica de embarcacións náuticas de aluminio en Barres, Asturias.

PRÁCTICAS DE CARROCERÍA

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, e Isidro Berdeal, director do Porta da Auga, presentaron as actividades. O mércores, día 3, o centro ribadense pechará os actos cunhas clases prácticas na área de carrocería.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...