IniciosociedadeAlumnado de seis países visitará Cervo a finais de outubro

Alumnado de seis países visitará Cervo a finais de outubro

O proxecto enmárcase no programa europeo Erasmus +, que levou a dúas escolares cervenses a Grecia no pasado mes de maio

Publicada o

- Advertisement -

Alumnado de seis países visitará o Ceip de Cervo na semana do 22 de outubro. A iniciativa enmárcase dentro do programa Erasmus +, que xa levou a dúas escolares do centro a Grecia no pasado mes de maio.

Grazas a este proxecto europeo -que ten unha duración de dous anos– Cervo exercerá como anfitrión de 18 alumnos e 14 docentes, procedentes de Polonia, Portugal, Grecia, Turquía, Lituania e Romanía.

APOIO DO CONCELLO

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e a coordinadora do programa no colexio, Esther Basanta, reuníronse para coordinar as actividades a realizar durante a visita, que contarán co apoio do executivo municipal.

RECEPCIÓN NO CONSISTORIO

Entre elas, haberá unha recepción no Concello o día 22. Tamén se programaron excursións e actividades lúdico-culturais que afondarán no desenvolvemento persoal do alumnado e no coñecemento da nosa cultura.

SEMANA STEM

O Ceip de Cervo foi un dos centros preseleccionados para participar na semana STEM, promovida pola Xunta de Galicia, que naceu co obxectivo de fomentar o espírito científico e tecnolóxico do alumnado. As actividades terán lugar nos meses de outubro, novembro e decembro, en función das quendas, en réxime de internado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...