IniciosociedadeA remodelación do parque das Torres de Foz comezará en outubro

A remodelación do parque das Torres de Foz comezará en outubro

As obras, que financia a Deputación, teñen como obxectivo atraer aos máis novos ao espazo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz adxudicou á empresa Galitec a reorganización do parque das Torres, na que o goberno local investirá 142.659 euros, procedentes do Plan Único que impulsa a Deputación de Lugo.

As obras teñen como obxectivo adecuar o espazo para que poda atraer aos máis novos. Así, instalarase unha pista multideporte con céspede artificial, que se situará no lugar onde está a pista de tenis.

PISTA DE SKATE

As actuacións tamén inclúen habilitar unha zona para practicar skate, con foxo e rocódromo, na ubicación actual da superficie de fútbol sala. Ademais, modificaranse todos os xogos infantís.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...