IniciosociedadeMellorados os accesos á praia de San Román para protexer o sistema...

Mellorados os accesos á praia de San Román para protexer o sistema dunar

As obras, executadas polo Goberno neste areal do Vicedo cun investimento de 30.000 euros, incluíron a instalación dunhas zonas de miradoiros e de descanso 

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, visitou este xoves a praia de San Román, no concello do Vicedo, para comprobar o resultado dos traballos realizados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica para dotar a este areal de mellores accesos, así como para protexer o sistema dunar.

A actuación realizada por Costas consistiu na adaptación das pasarelas de madeira que conectan o paseo existente na praia de San Román co areal, atravesando o sistema dunar.

Coa intervención desenvolvida facilítase aos usuarios un mellor acceso ao areal, así como a protección e posta en valor do sistema dunar, permitindo o seu goce dunha maneira ordenada e evitando o tránsito indiscriminado pola zona de dunas.

Ademais, os traballos incluíron a instalación dunhas zonas de miradoiros e de descanso para que os cidadáns poidan gozar desta contorna natural. O investimento total é de 30.000 euros. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...