IniciosociedadeOnce tripulantes do Punta do Xuncos continúan confinados no barco á espera da...

Once tripulantes do Punta do Xuncos continúan confinados no barco á espera da segunda PCR

Catro dos mariñeiros do palangreiro pasan a corentena no domicilio, mentres que os restantes someteranse ás probas o vindeiro sábado

Publicada o

- Advertisement -

Un total de once tripulantes do palangreiro Punta do Xuncos seguen confinados no porto de Burela tras rexistrarse oito positivos por coronavirus entre os mariñeiros e mantéñense á espera de someterse a unha segunda PCR, que se lles practicará este sábado. O alcalde do municipio burelao, Alfredo Llano, explicou que o buque tivo que volver a porto a semana pasada ante a sospeita dun caso da enfermidade e que, nas primeiras probas realizadas, oito arroxaron un resultado positivo.

Dos 15 tripulantes, catro están actualmente nos seus domicilios en corentena porque deron negativo de inicio e mantéñense á espera de poder saír a faenar de novo. Os outros once seguen na embarcación e, cando se coñezan os resultados da nova PCR o vindeiro luns, tomarase unha decisión sobre se deben continuar illados no barco ou se poden desprazarse aos seus domicilios. Algúns dos tripulantes, indicou Llano, son da zona pero outros non.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...