IniciosociedadeDe Francia á Mariña en bicicleta para reatoparse coas súas raíces

De Francia á Mariña en bicicleta para reatoparse coas súas raíces

Jorge Casabella, francés de orixe alfocega, cubriu 1.400 quilómetros ata a comarca para volver ao lugar de procedencia dos seus antergos nunha aventura cun trasfondo solidario

Publicada o

Naceu no ano 1965 en Pouilly sous Charlieu (Francia), pero o apelido de Jorge Casabella non engana: é un mariñao que vive polo ancho mundo. A súa familia procede do lugar de Oiras, en Alfoz. Este verán cumpriu un proxecto que ao que lle levaba dando voltas “máis de 20 anos”. Neste 2020 marcado polo coronavirus cumpriuno: ir en solitario, e en bicicleta, ao encontro das súas orixes galegas.
Casabella, na súa chegada a Burela. AXM
Casabella está afeito aos retos, indica, e despois de realizar a Maratón de Roma ou Lle Roc d’ Azur, cun percorrido en bici de 88 quilómetros en plena montaña, desta volta superouse para unir o seu lugar de domicilio, Saint Pierre A Noaille, na rexión francesa de Loire, con Cangas de Foz e Burela: máis de 1.400 quilómetros.
Cartel da iniciativa, cos patrocinadores. AXM
Ademais, deulle un sentido solidario á súa aventura ao destinar o recadado á asociación Lles Petits Princes, “xa que o seu obxectivo principal é realizar os soños de nenos e nenas con algún tipo de enfermidade: o seu lema é: é apuntando á lúa que chegamos ás estrelas”, remarca o ciclista, que tras uns días na comarca o sábado volverá “á miña terra de adopción”.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...