IniciosociedadeMuebles Almayo aposta pola comarca coa estrea dunha tenda en Ribadeo e...

Muebles Almayo aposta pola comarca coa estrea dunha tenda en Ribadeo e unha próxima apertura en Burela

A empresa, con sé no polígono industrial de Barreiros, afronta o reto de espallar o seu negocio en plena pandemia do coronavirus

Publicada o

- Advertisement -

JUAN MAYA. Desde o pasado 10 de agosto, os clientes que así o desexen poden mercar na nova tenda que Muebles Almayo inaugurou en Ribadeo. A socia da empresa, Yolanda García, considera que este novo local, ubicado na rúa San Francisco, pretende ser unha “referencia do que poder haber na tenda de Barreiros”.

Muebles Almayo conta cunha traxectoria de máis de 13 anos no sector e agora, coa apertura da tenda ribadense e outra inauguración prevista nos vindeiros meses en Burela, Almayo pretende reforzar a súa aposta pola comarca.

P. — Desde hai moitos anos, a marca está asentada no polígono industrial da Cruz do Lobo, en Barreiros. Que os levou agora á apertura dunha nova tenda en Ribadeo?

R. Levounos o feito de estar máis preto do público de a pé, estar cerca da xente que está na rúa e que non teñan que desprazarse. Estar máis próximos á cercanía da xente.

UNHA NOVA TENDA EN RIBADEO DE 105m²

— O dez de agosto foi a inauguración en Ribadeo. Como está sendo a recepción por parte dos clientes nesta nova localización?

Ben, está tendo unha boa aceptación e á xente gústalle no momento de saír á rúa poder ter ás cousas máis á man; semella que cada vez é un pouco máis reacia aos desprazamentos. Creo que están un pouquiño máis mentalizados co comercio local. Pretendemos estar máis próximos e cercanos coa xente e poder aproximar a nosa experiencia ao veciño occidente Asturiano que tanto visita Ribadeo.

“A xente é hoxe máis reacia a desprazarse e co novo punto de venda en Ribadeo chegamos ao occidente asturiano”

É unha aposta forte abrir unha nova tenda no medio dunha pandemia nun momento no que se retrae o consumo?

A verdade é que si, foi un proxecto que surxiu no medio de toda esta situación e consideramos seguir para adiante e loitar. Temos a ilusión de que funcione e estamos tendo unha boa aceptación.

Como son as novas instalacións?

Esta tenda é máis pequeniña, ten 105 metros cadrados. O que pretendemos é ter unha mostra que o cliente poida ver e que despois nun momento dado, se queren ver algo con máis detalle que poidamos ter, que se acheguen a Barreiros, e senón, orientalos á venda a través do catálogo.

Loxicamente nós non temos exposto tanto como en Barreiros, pero si o suficiente para que poidan ver a calidade do produto e as diferentes tendencias que pode haber no mercado. Digamos, é un punto de venda, unha referencia ao que poder haber montado tamén na tenda de Barreiros.

“NON É SIMPLEMENTE O MOBLE, NÓS TEMOS A OPCIÓN DE POÑERLLE O RESTO”

— A mediados de xullo Almayo cumplía o seu décimo terceiro aniversario. Os inicios adoitan ser sempre duros. Como foron os primeiros pasos?

Cando abrimos a primeira tenda tamén foi complicado. Estabamos ás portas dunha crise, unha crise que é diferente á que estamos a vivir agora mesmo. Non era como hoxe en día, que xa somos máis coñecidos na zona, naquel momento empezabamos de cero. Agora trátase de seguir e temos moitos clientes da zona. É diferente, son situacións diferentes.

 Supoñían daquela algúns competidores ou mesmo as tendas que tamén vendían a través da rede unha ameaza tan directa como o fan hoxe?

Non había tanta competencia como a hai hoxe en día na rede. Tratamos de que o cliente poida ver con claridade como vai quedar o local a amueblar. Nós facémoslle un proxecto en 3D ao cliente, imos á súa casa e medimos e asesoramos. Non son só móbeis, nós orientámolos á hora de pintar, colocar papel, colchas, alfombras, complementos de decoración, etc. Decorámoslle o que é o local. Non é simplemente o moble, se o cliente o quere, nós temos a opción tamén de poñerlle o resto, quedaría lista a habitación ou a casa ata o máis mínimo detalle.

— Vostedes acumulan cerca de 3500 seguidores na súa páxina do Facebook. Como avalían o feedback que reciben de forma diaria por este tipo de canais? Plantéxanse vender a través de Internet?

Chéganos moita xente a través do Facebook e hai moita outra que non coñece todo o noso produto que podemos traballar e a través del vamos abrindo zona, clientes novos. É un escaparate que nos permite abarcar máis zona e máis público.

¡Os presentamos nuestra nueva tienda en Ribadeo 🤗✨!Así es, desde hoy mismo ya nos podéis encontrar instalados en…

Publicada por Almayo en Lunes, 10 de agosto de 2020

Non temos páxina web. De entrada non nos plantexamos vender porque nos gusta que o cliente quede satisfeito e a través dunha páxina a montaxe xa non sería, dependendo da zona para a que fora, elaborada por nós, non levaría o mimo que leva como o estamos realizando agora mesmo.

VOLVER A BURELA

P. — Teñen a intención de continuar abrindo novas tendas na Mariña?

R. Temos outro punto de venda que se vai abrir en breve e que xa o estaría se non fora pola situación actual. Retornamos a Burela, moitos dos clientes pedíannos que volveramos. Nós alí estivemos moi contentos e agredecidos coa xente. Retornamos con outro punto de venda pequeniño, non é como o que era, pero vai ter a mesma función e o obxectivo da de Ribadeo. O local é un pouco máis grande que o de Ribadeo. O que é o proxecto e a idea é a mesma.

“moitos dos clientes pedíannos que volveramos a burela. retornaremos cun punto de venda similar ao de ribadeo”

P. — Cando abrirá esta nova tenda en Burela?

R. Non che sabería dicir unha data concreta. Queríamos en setembro pero a ver. En principio era para abrir xa no mes de de xullo ou agosto, pero como houberon os rebrotes quixemos agardar un pouquiño a que situación se fora controlando.

P. — Teñen algún desconto nas tendas agora mesmo? 

R. Estamos aproveitando a campaña das rebaixas e estamos a facer un 20% de desconto en todo o que está exposto nas tendas, en calquera delas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...