O ‘tren de borrascas‘ provocado polo chorro polar, que circula a latitudes máis baixas do normal e deixará ventos de máis de 80 quilómetros por hora (km/h), ondas de catro metros e choivas intensas en Galicia, o Cantábrico e noroeste de Castela e León, deixou na Comunidade galega nas primeiras horas deste mércores ventos de máis de 105 quilómetros por hora en Cedeira e 101 en Viveiro.
Segundo os rexistros publicados por Meteogalicia ata as 10.30 horas deste mércores, os refachos de intensidade máxima das primeiras horas corresponderon a localidades con altitude menor de 900 metros. En concreto, rexistráronse 105,4 km/h ás 3.10 horas en Cedeira e 101,5 km/h ás 7.10 horas en Viveiro; mentres que en Vimianzo o vento alcanzou 92,5 km/h e 89,8 en Arteixo. Le a información completa no Galicia Confidencial.