Esta semana entrou en funcionamento o novo aparcadoiro situado na rúa Ramón González, en Ribadeo, tras as labores de adaptación realizadas na zona e para facilitar a saída pola rúa Deputación. Durante este verán, o Concello creou un total 365 novas prazas de aparcamento gratuítas.
Entre o aparcadoiro que vén de inaugurarse, o situado nas proximidades da estación de autobuses, e a ampliación realizada no párking da rúa Julio Lazúrtegui, creáronse 365 novas prazas. Ademais o Concello fixo traballos de mellora no espazo de estacionamento que está situado entre as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros.
O CAMBIO DE UBICACIÓN DO MERCADO FAI PERDER 170 POSTOS CADA MÉRCORES
Vizoso subliñou que “desde o Concello de Ribadeo o que quixemos facer foi ofrecer unha solución á nova ubicación do mercado na zona do aparcadoiro municipal; ese día ocúpanse as 170 prazas de aparcamento que quedan dispoñibles o resto dos días. 26 postos de estacionamento son os perdidos debido á ampliación das terrazas para os locais hostaleiros”, remarca.
O rexedor en funcións engadiu que “o obxectivo dos traballos realizados desde o Concello de Ribadeo é facilitar todo o que poidamos tanto as veciñas, aos veciños e a quen nos visita, aparcar o máis comodamente posible, dinamizar o tecido comercial e facer a nosa vila o máis accesible posible”.