IniciosociedadeA quinta edición de Navega o Camiño, con 30 tripulantes, chega este...

A quinta edición de Navega o Camiño, con 30 tripulantes, chega este venres a Viveiro

Unha ducia de barcos finalizarán o traxecto por mar na Cidade do Landro e continuarán a pé ata Compostela

Publicada o

- Advertisement -

Será na tardiña deste venres cando os peregrinos que embarcaron en Xixón pisen terra firme xa en Galicia, na vila de Viveiro. Ese será o remate dunha travesía que arrincou na madrugada da mesma xornada, tan só unha etapa das 16 etapas que comprenden o particular Camiño de Santiago que están a desenvolver unha trintena de peregrinos como parte da quinta edición de Navega o camiño.

Esta modalidade da peregrinación, que cambia as estradas e sendeiros polo mar Cantábrico e o océano, comprende “unha ducia de barcos”, segundo os organizadores, cuxos tripulantes chegarán a Compostela o próximo sábado 29 de agosto. Os últimos kilómetros, claro está, terán que realizalos como o resto dos peregrinos: percorrerán a pé a distancia que separa Padrón ata a Catedral. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...