IniciosociedadeVintetrés casos máis de coronavirus na provincia, para 278

Vintetrés casos máis de coronavirus na provincia, para 278

Na área sanitaria de Lugo, Burela e Monforte hai cinco ingresados, un deles na Uci, e todos no HULA

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 278, 23 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Dos 278 pacientes hai cinco ingresados, todos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA): un deles na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e catro en planta. 273 doentes son atendidos no seu domicilio.

No histórico da provincia documentáronse 31 falecementos, seis deles da Mariña, ademais dun sétimo relacionado coa Covid-19, o caso dun varón que morreu na Uci do Hospital da Costa tras ingresar e superar o virus no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.282 altas, para un total de 1.591 casos acumulados.

Nas residencias da comarca localízase un único positivo, o dunha traballadora do xeriátrico de Xove. Non houbo máis contaxios nin entre o persoal nin entre os usuarios do centro de maiores San Bartolomeu. No Incio documentáronse un total de 65 persoas contaxiadas, 57 residentes e oito empregados.

TRES FALECEMENTOS MÁIS EN GALICIA, TODOS NA CORUÑA, PARA UN TOTAL DE 631

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.148, deles 1.167 son da área da Coruña, 278 da de Lugo, 195 da de Ourense, 96 da de Pontevedra, 143 da área de Vigo, 172 da de Santiago, e 97 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en Uci, 63 en unidades de hospitalización e 2.077 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.815 persoas co alta, rexistrándose 631 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dúas mulleres de 91 e 89 anos, e un home de 92, todos da área sanitaria da Coruña, e con patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 299.022.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...