Os vindeiros luns 24 e martes 25 de agosto, o Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) celebrará unha campaña con descontos baixo o nome ‘La tormenta del verano‘.
Trátase dunha campaña de dous días de duración na que moitos dos comercios asociados farán grandes descontos en moreas de produtos para despedir o verán. As persoas que se se acheguen ás tendas do casco histórico de Viveiro poderán gozar de importantes
rebaixas en prendas de vestir, calzado, roupa de deporte, complementos, moda infantil e
xuvenil, xoguetes, alimentación e un longo etcétera.
O CCHV sinala que “para gozar ao 100% do comercio viveirense suxerimos que se aproveite a ocasión para desfrutar das terrazas, a gastronomía e o ambiente de verán que se respira na vila coas rúas ambientadas co fío musical do CCHV”.
Desde a asociación de comerciantes remarcan que “os comercios asociados cumpren coas normativas hixiénico-sanitarias e de aforo para garantir unhas compras seguras. E
solicitamos, igualmente, a colaboración da cidadanía para facer o comercio local aínda máis
seguro: desinfectando as mans antes de entrar nos establecementos, mantendo a distancia de seguridade e empregando a máscara“, conclúen.