Iniciosociedade(CORRECCIÓN) O número de casos de Covid-19 na provincia ascende a 305

(CORRECCIÓN) O número de casos de Covid-19 na provincia ascende a 305

O número de casos na provincia ascende a 305, con 27 máis ca onte

Publicada o

- Advertisement -

Os número de casos activos de COVID-19 na provincia de Lugo ascende a 305, segundo o reconto ofrecido este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son 27 máis que onte.

Dos 305 pacientes, seis están ingresados, todos no HULA. Un dos doentes permanece na Uci. 299 son atendidos en domicilio. 

No histórico da provincia rexistráronse 32 falecementos de persoas con Covid-19, seis deles na Mariña, ademais dun sétimo paciente que faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superalo no seu período na unidade de críticos. O último falecido é un residente no xeriátrico do Incio, onde se documentan 64 positivos entre o persoal e os usuarios.

Na comarca hai un único positivo nos xeriátricos, o dunha traballadora da residencia San Bartolomeu de Xove que dera positivo semanas atrás. Non houbo máis contaxiados no centro de maiores xovense, nin entre os empregados nin entre os residentes.

O número de altas ascende a 1.289, con 1.625 persoas contaxiadas desde o inicio da pandemia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...