IniciosociedadeDezaséis casos máis de coronavirus na provincia, para 321

Dezaséis casos máis de coronavirus na provincia, para 321

Seis persoas están ingresadas, todas no HULA, dous deles na Uci

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 321, 16 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Sergas.

Dos 321 pacientes, seis están ingresados, todos no HULA, dous deles na Uci. 315 son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia producíronse 32 falecementos, seis deles na Mariña, ademais da morte dun varón que faleceu na Uci do Hospital da Costa tras ingresar por coronavirus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.299 altas e o número de casos acumulados ascenden a 1.652.

Nas residencias da comarca, documéntase un único positivo, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Esta obreira non recibiu a alta polo momento, non como por erro publicou o pasado domingo o Xornal da Mariña. Non houbo máis infectados nin entre os residentes nin entre os usuarios do centro de maiores xovense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...