IniciosociedadeGreenalia achegará 60 euros á matriculación por cada estudante de Ourol menor...

Greenalia achegará 60 euros á matriculación por cada estudante de Ourol menor de 16 anos

A compañía prevé que o parque eólico instalado no municipio, cunha potencia instalada de 22,5 MW, comece a verter os seus primeiros MWh no último trimestre deste ano

Publicada o

A empresa Greenalia, con sede na Coruña, anunciou este luns que emprenderá unha nova iniciativa, dirixida nesta ocasión aos escolares do concello lucense de Ourol, onde xa se ultima a posta en marcha dun parque eólico, e con cuxo alcalde, José Luis Pajón, asinou un acordo de colaboración.
O convenio rubricado este lns entre o rexedor e a directora de Desenvolvemento Corporativo e Sustentabilidade de Greenalia, a ex conselleira de Traballo e Benestar e Medio Ambiente Beatriz Mato, recolle unha achega de ata 60 euros de axuda á escolarización para os menores de 16 anos matriculados no curso escolar 20-21 nesta localidade, aos que se fará tamén entrega dunha mochila escolar para portátil.
Mato e Pajón asinan o acordo. AXM
Esta iniciativa enmárcase na política de responsabilidade social corporativa da compañía e con ela póñense as bases do que serán programas de acción social da Fundación Greenalia, a través da que Greenalia quere reinvestir naquelas contornas onde opera. Con esta medida, a empresa coruñesa quere axudar “nunha volta ao cole excepcional” e complexa para as familias, tras a crise do COVID-19. É a quinta acción destas características que pon en marcha a empresa este ano, pois o pasado mes de xullo asinou tamén acordos similares con catro concellos da zona de Costa da Morte, onde conta con proxectos en funcionamento ou en tramitación.

POTENCIA DE 22,5 MW

As instalacións de Ourol, cunha potencia instalada de 22,5 MW, poderán comezar a verter os seus primeiros MWh no último trimestre deste ano. O parque empresarial estará formado por un total de cinco máquinas, de 4,5 MW cada unha, cun rotor de 136 metros. Unha vez estea a pleno rendemento, producirá 65.300 MWh/ano, cunha repercusión positiva no medio ambiente, pois grazas a esta xeración de enerxía renovable evitaranse 24.150 tCO2 /ano, o que equivale a 16.300 coches circulando durante un ano.

230 EMPREGOS NA FASE DE CONSTRUCIÓN

Greenalia informa que actualmente, tras un pequeno atraso polo COVID-19, está a ultimarse a montaxe dos aeroxeradores de Ourol, unha instalación na que se investiron 26 millóns de euros para a que se mobilizaron 230 empregos na fase de construción.

800.000 EUROS EN TAXAS E IMPOSTOS COMO O ICIO

A este investimento súmase a repercusión económica para a administración municipal, xa que a través de taxas e impostos como o ICIO, Ourol recibiu por estes conceptos máis de 800.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...