IniciosociedadeLourenzá celebrará o domingo o Conde Santo, no que non faltarán música...

Lourenzá celebrará o domingo o Conde Santo, no que non faltarán música nin cocos

O Concello e a asociación Patrimonio Laurentino, que se presentará ese mesmo día, organizan os festexos

Publicada o

- Advertisement -

Vilanova de Lourenzá celebrará este domingo, día 30, unhas festas do Conde Santo diferentes debido ao Covid-19. Están organizadas polo Concello e pola Asociación Patrimonio Laurentino, colectivo de nova creación que se vai presentar nesa xornada de actividades.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “este novo colectivo ten como obxectivo a recuperación do patrimonio do concello, vaise presentar aos veciños ese día”.

As actividades organizadas polo Concello son un concerto da Banda de Música de Foz programado para as 13.30 horas e unha actuación da charanga BB+ ás 20.00 horas.
E os actos da Asociación Patrimonio Laurentino son a saída dos Cocos acompañados polo grupo local de música tradicional Souto Xímaro, ás doce do mediodía, e ás 21.00 horas haberá outra actuación da mencionada agrupación, a presentación da Asociación Patrimonio Laurentino e a proxección do Mouchiño de Pablo Cid.

A continuación a charanga BB+ volverá animar as rúas de Vilanova de Lourenzá para rematar a xornada festiva. Todas estas actividades, que contan coa colaboración da Deputación de Lugo, terán lugar na Praza do Conde Santo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...