A inmobiliaria Galician Country Homes, especialista en propiedades rústicas, comprometeu a venta dun casal abandoado no municipio de Viveiro.
A propiedade, de máis de 10.000 metros cadrados, ubicada preto da Cova da Doncela e con vistas á praia vicedense da Abrela, está formada por cinco edificios, con algún de máis de 400 anos. A inmobiliaria estableceu un prezo de saída de 312.000 euros.

COMPRADOR HOLANDÉS
Algúns dos edificios están restaurados e inclúen mobles, e outros requerirán de rehabilitación. Encargarase das tarefas o comprador, de orixe holandesa.
PROPIEDADES
Galician Country Homes, que dirixe o empresario británico Mark Adkinson, conta con numerosas propiedades na Mariña, como un pazo en Mondoñedo ou unha casa colonial en Viveiro.