IniciosociedadeA hostalería presentou preto de cen das 363 solicitudes de axudas á...

A hostalería presentou preto de cen das 363 solicitudes de axudas á reactivación económica en Viveiro

O Concello analizar a documentación aportada e os solicitantes terán un prazo de dez días para poderen reclamar ou achegar novos datos

Publicada o

JUAN MAYA. Un total de 363 autónomos e pequenas empresas de Viveiro solicitaron as axudas que estableceu o Concello, a partir dun pacto para aprobar os orzamentos coa formación independente Por Viveiro, para aliviar o impacto económico do coronavirus. Arredor dun cento de solicitudes proceden do sector da hostalería, un dos máis castigados pola crise. Poideron acollerse ás axudas as empresas censadas no municipio que tivesen que cesar a súa actividade por mor do estado de alarma. O Concello contemplaba un máximo de 470 peticións, que poderían acceder a un importe equivalente ao de tres cotas mensuais de autónomos, é dicir, uns 850 euros. O segundo tenente de alcalde de Viveiro, Suso Fernández, pensa que a iniciativa “calou ben” entre os comerciantes e que “toda axuda, aínda que sexa pouca, é benvida”. Fernández compartiu que agora mesmo están a analizar a documentación aportada e que os solicitantes terán un prazo de dez días para poderen reclamar ou aportar novos datos. Deste xeito, explicou tamén que a técnica de xestión tributaria leva analizando nos últimos días a documentación e agora xuntarase unha comisión para avaliar unha por unha as solicitudes. “Unha vez feito o primeiro listado teñen dez días para presentar a documentación pertinente ás empresas que lle sexa requerida, despois xa se podería proceder a aprobar os convenios particulares e xa sería concedido o 80% aos que o solicitaron e o 20% cando presenten a liquidación total; os que non, poden xustificar despois o 100%”, aclarou.

POSIBLE SEGUNDA QUENDA

Malia que o prazo rematou onte, de momento non se chegou a abrir a segunda quenda para aqueles negocios ou autónomos con perdas iguais ou superiores ao 75%. “Unha vez que teñamos feita a valoración total estudarase esa nova axuda para as empresas que non tiveron que pechar pero perderon unha facturación considerable”, afirmou. “Teremos que refacer as bases para conceder esa posibilidade cando saibamos a cuantía que nos vai quedar despois das 363 solicitudes presentadas”, explicou.

AXUDAS PARA “PALIAR OS ESTRAGOS DA PANDEMIA”

Fernández explicou que a idea surxiu coa intención de paliar os estragos da pandemia xa que “ninguén agardaba esta situación e neste caso foi o grupo Por Viveiro, que non está no goberno, está na corporación municipal, quen plantexou a idea de facer un acordo para as axudas”. Viveiro foi o primeiro concello da Mariña en impulsar unha proposta como esta pero “agora outros concellos están procurando fórmulas similares e teñen en mente impulsar axudas deste tipo”. As bases para solicitar as axudas atópanse publicadas na páxina web do Concello de Viveiro. “Todo chega a pouco, pero a cantidade ofrecida foi disposta no orzamento xeral do Concello para o ano 2020”, concluíu o tenente de alcalde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...