IniciosociedadeO PP de Viveiro solicita a "retirada" da ordenanza de convivencia, limpeza...

O PP de Viveiro solicita a “retirada” da ordenanza de convivencia, limpeza e residuos

Os populares pretenden que todos os grupos municipais "participen" na súa elaboración para que sexa un “documento consensuado"

Publicada o

JUAN MAYA. O portavoz do Partido Popular de Viveiro, Óscar Rodríguez, cargou nunha rolda de prensa celebrada este xoves contra a ordenanza de Convivencia, Limpeza e Residuos, que foi aprobada cos votos dos concelleiros que forman parte do goberno municipal e esixiu a retirada na súa “actual redacción”. Rodríguez expresou que o documento non é o que “necesita Viveiro” e que no lugar de “resolver problemas”, o que vai facer é “crealos”. Tamén pensan que a súa redacción actual é “confusa en moitos aspectos e repetitiva”.

CRITICAN A “FALTA DE REFERENCIA” AO COVID-19

Os populares pretenden que todos os grupos municipais participen na súa elaboración para que sexa un “documento consensuado e libre de todas as deficiencias” que atopan nel. Deste xeito, consideran unha “carencia” a falta de referencia ao “problema da pandemia” e califícano como algo “inaudito”. “Para nós, unha ordenanza coma esta ten que ser moi clariña, de maneira que todos os cidadáns saiban a que están obrigados e que dereitos teñen nos temas aos que afecta esta normativa”, declarou o portavoz.

EN PERÍODO DE ALEGACIÓNS

Rodríguez está “seguro” de que a cidadanía amosará o seu rexeitamento e sinalou que o período de presentación de alegacións pode permitir todavía a posibilidade de “modificar consensuadamente esta ordenanza”, algo que será de “gran importancia para Viveiro”.

ACTOS VANDÁLICOS

Rodríguez aproveitou a ocasión para lembrar aos asistentes sobre os actos de vandalismo nos “días pasados” no paseo marítimo, no que “os gamberros desmontaron algúns dos bancos”, e sobre as queixas dalgúns veciños da localidade en relación a que algúns contedores “dunha rúa” non foron baleirados en varios días.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...